Persoas maiores do programa de Prevención da Dependencia de Boqueixón visitan a Catedral de Santiago

As quince persoas maiores que participan ao longo do ano no programa de Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón veñen de realizar unha visita guiada á Catedral de Santiago. Unha visita na que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ángela Conde, e pola educadora familiar e coordinadora do programa, María Pereira.

Os maiores de Boqueixón percorreron a catedral compostelá da man de Javier Buide del Real, cura das parroquias de Boqueixón, Codeso e Oural, así como director do Arquivo da Catedral de Santiago, coengo arquiveiro e doutor en Historia e Bens Culturais da Igrexa en Roma. Deste xeito, os maiores do programa de Prevención da Dependencia continúan co seu programa de excursións de fin de curso, como as realizadas os últimos anos ao Pico Sacro ou aos pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla.

Related posts

Rescatan a unha persoa da auga na Coruña, preto da Torre de Hércules, pero faleceu no hospital

A Deputación da Coruña convoca a oitava edición dos Premios PEL

Licitada a construción de sendas peonís nas estradas DP-5602 e DP-1302, en Negreira