42
Minutos antes das 11 da mañá deste domingo o 112 Emerxencias Galicia mobilizou aos servizos médicos tras a voz de alerta pasada por un particular informando da indisposición sufrida por unha persoa no lugar de Cambrelle, preto de Razo. Os síntomas do enfermo descritos polo alertante coincidían cunha insuficiencia cardíaca, por ese motivo montouse un operativo no que participaron, ademais do helicóptero do 061 con base en Santiago, as forzas de seguridade, Protección Civil e unha ambulancia asistencial.