A economía afronta «unha perturbación sen precedentes» debido á epidemia de coronavirus, polo que os expertos reclaman unha «maior ambición das políticas fiscais comúns por parte de todas as administracións». O intento de contención da epidemia «levaron a unha disrupción moi severa da actividade económica», o que se traducirá nunha deterioración da actividade que podería ser «moi acusada a curto prazo». Parece que esta pandemia procesará de forma veloz o afundimento de miles de autónomos, medianas e pequenas empresas, as que non ven un horizonte económico claro si non poden traballar. Empresas grandes afincadas na zona como Unemsa, Calvo ou Inditex, de momento seguen a producir sen novidade.