Pesadelo en Fuenlabrada | O Obradoiro regala un partido clave

5 minutes read

Tras unha serie de catastróficas desdichas, Obradoiro torna o soño da remontada e vitoria, no pesadelo do desastre e a derrota. O infausto protagonista desta volta foi Mike Daum, quen cunha serie de erros consecutivos, fixo que o Obradoiro sucumbise un partido que gañaba por 3 puntos a menos de 30 segundos para a finalización. Aí, o xogador de Nebraska facía falta sobre Trimble, nun lanzamento forzado de tres que lle levaba á liña de tiros libres. A pesar de todo, só era capaz de anotar o tiro libre do medio. O rebote era para os de Santiago e o balón chegaba ás mans de Daum, que tratou de subir o balón, perdéndoo e provocando no roubo un 2+1 que, esta vez si, Trimble anotaba.

Vantaxe dun para os fuenlabreños e bóla para Obradoiro a falta de 16 segundos. Penetraba Robertson e dobraba balón a un Ozmizrak liberado, que lanzou de 3 só e errou. Rebote con falta a favor de Fuenlabrada con 2 segundos por xogar. Desde a liña de tiros libres anotan o primeiro e fallan o segundo, rebote galego e imposible xa armar un tiro con opcións. Resultado, derrota de Obradoiro 84 a 82, en partido disputado este sábado ás 18 horas en terras madrileñas. Das que desbasten, non só polo transcendencia senón tamén polo preto que se tivo de gañar, tras remontada ao final do encontro. O “pecador” Daum, cometeu o seu sempiterno erro de subir o balón, cando máis calma e cabeza requiría o partido para pecharse. E é que case sempre que o tenta, ben a perde ben mete ao seu equipo en problemas. Faltou cabeza nun “enorme xogador” que se está vendo excedido pola ansiedade, cometendo demasiados erros e infantís.

Arrincaba o encontro cun Obradoiro moi metido e concentrado. Defendendo ben e encestando moitísimo. Desatábase o mvp de Robertson (28 puntos con 7/9 en triplos, 2 rebotes, 3 asistencias para asinar 29 unidades de valoración) vendo o aro con facilidade e provocando as primeiras vantaxes visitantes. Protagonista claro co seu cuarto triplo sen fallo e disparando a renda do electrónico a 10 puntos de diferenza no minuto 8, parcial mesmo aumentado ao final do acto, pechando o primeiro cuarto cun esperanzador 20-31. A partir de aí, cambio de guion.

Empezouse a xogar ao que querían os de verde, 13-4 de parcial e a vantaxe compostelá que se esfumaba en 5 minutos. 35-35 no luminoso e Eyenga (14 puntos 2 rebotes, 1 asistencia e 17 de valoración) tivo que retirarse lesionado, tras estar a raiar a gran nivel. De aí ata o final do segundo cuarto a igualdade tomou a iniciativa. Birutis (2 puntos, 3 rebotes e 3 de valoración) diluíase como un sobre de azucre, botándose moito de menos a ese xogador clave no arranque de liga Obradoirsita, que non se volveu a ver desde entón. Perdéndose o gran faro na pintura galega, que onte tampouco soubo suplir Enoch, a pesar de mellorar moitísimo desde entón. 42 a 42, táboas no marcador e ambos os conxuntos ao túnel de vestiarios. Terceiro cuarto e quenda para o “ jugón” de Fuenlabrada: Trimble (31 puntos, 1 rebote, 2 asistencias e 28 de valoración) anotando trece puntos no terceiro acto e logrando as primeiras vantaxes a ter en conta para os inquilinos do pavillón Fernando Martín.

Acababa o acto con 6 de diferenza local, 67-61. Último cuarto e 7-0 de parcial. Trimble seguía aos seu, pero esta vez apoiado por un sensacional Meindl (13 puntos, 7 rebotes e 24 de valoración), asinando a máxima vantaxe dos de Raventós e acendendo as alarmas de Moncho Fernández, quen vía mesmo perigar o “average” particular (+ 19 para os de Santiago). 74-61 e trece de diferenza local. Lonxe de vir abaixo, Obradoiro reaccionou e axustou o seu defensa. Ademais, Robertson e Cohen (14 puntos, 2 rebotes, 2 asistencias e 17 de valoración) anotaban triplas, este último 2 consecutivos e deixaban a vantaxe local en tan só 2 puntos, ata que Novak salvaba os mobles cun acerto de tres moi axustado. 79-74 no minuto 38.

Nese punto, Obradoiro sacou caste e anotou 8 puntos consecutivos. Da man, abrigo, de Cohen, quen é o mellor visitante lendo os partidos e vendo os espazos que outros crean. Xogador listo e efectivo. Poñía o electrónico en 79-82 restando 37 segundos. De aí á conclusión, o desenlace xa descrito. As “desdichas” de Daum e a mala sorte fixeron que os de verde desen a volta ao marcador dun partido que se tiña na palma da man, 84-82, con 5 a 0 no medio minuto.

Dura derrota, que ten como única boa noticia o manter o “average” particular, pero que deixa seriamente tocado a un Obradoiro que ve neste partido, a repetición do día da marmota, máis cruel se cabe pola forma e a importancia deste equipo no seu particular, vía crucis cara a consecución da permanencia. E se, xa non hai colchón, cada partido de aquí ao final será como unha traxedia grega. Hai que poñerse as pilas e tamén desde o “staff” técnico, quen ten gran responsabilidade na malísima toma de decisións e na mala formulación das últimas xogadas.

Próxima estación, Multiusos Fontes do Sar ante un Manresa que pelexa por meterse en postos de playoff. Aínda así, xa non hai escusas, toca gañar si ou si. A pantasma da leb vai tomando forma consistente no seo Obradoirista e hai que reaccionar. Nin antes eran tan bos nin agora son tan malos, pero hai que pelexar máis se cabe.

E cabe.

ALEJANDRO LUÍS OTERO JAMARDO