A mestra, especialista en educación infantil, Auri Guerrero, finou este pasado venres aos 68 anos de idade, era natural de Betanzos, pero dende o ano 1969 estivo vinculada ao ensino na Costa da Morte. Primeiro na parroquia de Xaviña en Camariñas e uns anos máis tarde no colexio da Ponte do Porto, onde a finais da década dos 90 contribuíu a posta en marcha do instituto Pedra da Aguia. Na actualidade estaba xubilada. O Concello de Camariñas fixo público un comunicado no que a definiu como “un referente para todos nós e sen dúbida un referente no mundo do ensino”.
Pesar en Camariñas polo falecemento da mestra Auri Guerrero
Foto.- Facebook.