Pesar nas E.F. Luís Calvo Sanz polo falecemento de Antonio Redondo Camacho (FCB)

Don Antonio, xunto a Luciano Calvo e Evencio Ferrero. Cedida.

As E.F. Luís Calvo Sanz e o Bergantiños FC emitiron un comunicado de pésame a toda a súa familia ao coñecer o falecemento, tras unha longa enfermidade, de Don Antonio Redondo Camacho, membro da comisión deportiva do FC Barcelona. No comunicado pódese ler «As E.F. Luís Calvo Sanz e o Bergantiños FC lamentan profundamente a perda de Don Antonio, unha perda moi grande para o fútbol base e para o FC Barcelona, un dos seus maiores embaixadores e un gran profesional». DEP.

Homenaxeado en Carballo no ano 2016

Don Antonio Redondo Camacho, membro da comisión Deportiva do F.C. Barcelona recibiu unha homenaxe das E.F. Luís Calvo Sanz no mes de xuño do ano 2016, en recoñecemento ao seu valor profesional, humano, deportivo e persoal; valores polos cales se gañou todo o respecto, agarimo e admiración da parroquia futbolística carballesa.

Pola súa banda, aquel mesmo día, Don Antonio, en nome do F.C. Barcelona fixo entrega duns obsequios ás E.F. Luís Calvo Sanz e ao Concello de Carballo. Luciano Calvo Pumpido, presidente das E.F. Luís Calvo Sanz e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo foron os encargados de recoller os obsequios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha