Pesar no mundo pola morte de Desmond Tutu, premio Nobel da paz

O arcebispo emérito anglicano faleceu en Ciudad del Cabo aos 90 anos. O papa Francisco eloxiou a súa figura como gran promotor da reconciliación no seu país. Coñecido tamén polo seu gran sorriso e sentido do humor, nos últimos anos converteuse en defensor dos dereitos da comunidade LGTB, o que lle fixo chocar con sectores sociais en Sudáfrica e coa propia Igrexa anglicana. Barack Obama, Boris Johnson, Emmanuel Macron e a Unión Europea, entre outros políticos e institucións, tamén expresaron a súa profunda admiración pola súa enorme personalidade, obra e legado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha