Pesca di que traballa para garantir unha explotación sustentable de mexilla e percebe


A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, explicou que están a traballar co obxectivo de mellorar a explotación do percebe e da semente de mexillón (mexilla) e garantir que ambos recursos se extraen de xeito sustentable. Nese obxectivo, salientou, enmárcanse medidas como a delimitación de zonas para a extracción de mexilla decretada para esta campaña e reiterou a vontade de diálogo co sector mexilloeiro para chegar a acordos.
Neste sentido, a representante da Consellería do Mar lembrou que se veñen mantendo contactos tanto cos bateeiros como coas confrarías de pescadores na busca de mellorar esa xestión e que recentemente se celebrou unha reunión cos representantes das principais asociacións de produtores de mexillón na que se lle fixeron distintas propostas. Entre elas, a análise da alegacións presentadas á orde que delimita as zonas de extracción de mexilla para ver a posibilidade de flexibilizar as zonas acoutadas.