- As autoridades piden prudencia, pois é pouco probable que algunha vacina chegue antes de que acabe o ano
A farmacéutica estadounidense Pfizer e a súa socia, a biotecnolóxica alemá BioNTech, anunciaron este luns que a súa vacina experimental contra a Covid-19 ten un 90% de eficacia despois de probala en máis de 40.000 persoas. Estes datos, segundo o portal Euronews, indican que a compañía poderá presentar a finais deste mes unha solicitude de uso de emerxencia aos reguladores de Estados Unidos.
Sen dúbida son resultados esperanzadores, aínda que as autoridades pediron prudencia, pois é moi pouco probable que algunha vacina chegue a nós antes de que finalice o 2020. Actualmente hai dez posibles vacinas contra a Covid-19 en fase avanzada.
Segundo as proxeccións actuais, Pfizer espera producir a nivel mundial ata 50 millóns de doses en 2020 e ata 1.300 millóns en 2021.