PG Carballo | A formación fará campaña de ampliación, pero non se presentará ás autonómicas

3 minutes read

O Partido Galego (PG) xa ten presenza na capital de Bergantiños, este sábado tivo lugar nun local da vila a presentación da Agrupación de Carballo, onde tanto o Secretario Local Sergio Gundin, coma o Portavoz Municipal Luis Bardanca, fixeron fincapé en resolver todas as múltiples problemáticas do rural, onde afirman “hai abandono palpable polo actual goberno local”. Como mostra, destacaron “a desatención sobre a reparación e ampliación das estradas municipais, a limpeza das cunetas e atención á veciñanza en xeral nas súas xustas demandas”.

Demandas da cidadanía polas que, afirman, loitará o PG en Carballo

O abandono da reparación de pistas, limpeza da maleza que as inunda, unha das máis chamativas é a estrada de Oza a Razo que parece de un só carril por estreita e sen luz pública.
Poñer en valor a praia de Razo como unha praia importante de Carballo e do norte de Galicia como a praia de referencia do surf.
Apostamos por un plan de acceso, de servizos, de campaña publicitaria e vinculación a un plan municipal e comarcal de turismo.
A desatención do goberno municipal está chegando ata o núcleo urbano, onde hai unha evidente falta de aparcadoiros, unha necesidade vital para un bo servizo das persoas que viven en Carballo e in cluso as que veñen a traballar ou a mercar no comercio e nas feiras.
Necesario elaborar un programa de servizos no polígono industrial , dotación dunha área de servizos, e básculas industriais, liña de autobuses, dinamizar encontros empresariais, asesoramento empresarial, etc.

Consello Nacional celebrado en Carballo

Oscar Pazos e Suso Ares membros da dirección nacional do partido, indicaron os principais argumentos para tomar a decisión da estratexia de cara a non presentarse a estas próximas eleccións autonómicas, onde afirman, “tivo especial relevancia a priorización de Galicia por enriba dos intereses de partido. Neste senso a presentación a estas eleccións, tería un resultado por baixo de ter representación no Parlamento, e por conseguinte unha aposta sen utilidade para o conxunto de Galicia. Queremos deixar o camiño despexado totalmente e se non hai cambio de goberno por uns miles de votos, que non poidan apuntar a nosa participación”.

Consello Nacional PG.

“Con todo, no PG imos facer campaña, pero de ampliación de Agrupacións en máis concellos, así como a formación e consolidación da militancia e cadros políticos actuais. Este proceso de avance e consolidación (este mesmo sábado entraron tres novas Agrupacións no Consello Nacional), Carballo, O Grove e Brión, vai dar lugar á celebración do 1º Congreso en Abril.
Así mesmo abrirase unha estratexia de traballo de cara as Eleccións Europeas do 9 de xuño deste mesmo ano”, conclúen.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?