PharmaMar | Autorizado o ensaio en fase III do seu fármaco contra a covid

1 minutes read
  • A empresa dispárase un 8% en Bolsa polos avances do seu tratamento contra o coronavirus.

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) autorizou este xoves a PharmaMar o inicio do ensaio clínico de fase III Neptuno con plitidepsina para o tratamento de pacientes con infección moderada de covid-19. Segundo explicou a farmacéutica nunha nota, o deseño do protocolo deste ensaio, así como a súa autorización por parte das autoridades reguladoras, susténtase na «evidencia científica de seguridade e eficacia» obtida no ensaio de fase I-II. PharmaMar asegura que liderou o Procedemento Voluntario de Harmonización (VHP) de ensaios clínicos, en que participarán varios países europeos (Francia, Portugal e Suecia). En principio, recrutaranse máis de 600 doentes e, logo, abrirase a outros estados fóra do continente. A plitidepsina é un fármaco antiviral co que se demostrou unha diminución do 99 % das cargas virais do SARS-CoV-2 no pulmón, segundo un estudo realizado con animais.