O comisario europeo de Comercio, Phil Hogan, renunciou ao seu cargo, tras o escándalo coñecido como o Golfgate. Durante a fin de semana xurdiron informacións de que Hogan viaxara por Irlanda sen respectar as restricións impostas pola covid-19. A decisión tomouna despois da indignación pública provocada polo caso e de que o Goberno irlandés perdese a confianza nel. Nomeado en 2014 comisario de Agricultura, Hogan foi ascendendo ata alcanzar o cobizado posto de responsable de Comercio comunitario na Comisión presidida por Úrsula von der Leyen desde decembro de 2019. Isto súmase a outra dor de cabeza para a presidenta, que terá que atopar un substituto en metade das difíciles conversacións con Estados Unidos, China e o Reino Unido.
31