Piden a destitución de Trump

A líder demócrata Nancy Pelosi, pediu a destitución de Donald Trump a quen considera unha persoa perigosa que non debe permanecer no cargo un minuto máis. «Únome ao líder demócrata no Senado, Chuck Schumer, para pedir ao vicepresidente Mike Pence que destitúa a este presidente invocando inmediatamente a vixésimo quinta emenda. Se o vicepresidente e o goberno non actúan, o Congreso pode estar preparado para seguir adiante co xuízo político ou «impeachment».

Un dos congresistas máis leais ao mandatario saínte, o senador Lindsey Graham, asegurou sentir «noxo» polo asalto ao Capitolio de Estados Unidos. «As persoas que sentaron nas cadeiras do Capitolio deben sentar nos bancos dunha cela en prisión. E quen atacou á policía do Capitolio poderían ser acusados de sedición». Os extremistas partidarios de Trump levaban semanas falando do asalto ao Capitolio a través das súas redes sociais. Algúns congresistas esixiron que se investigue a permisividade policial que permitiu o asalto, e comparárona cos fortes despregamentos policiais durante as protestas do movemento Black Lives Matter.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha