Piden a mellora da seguridade viaria na estrada autonómica AC-432, entre a Ponte do Porto e Lexas

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e a de Vimianzo, Mónica Rodríguez, mantiveron este martes unha reunión co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.

O obxectivo da reunión foi avanzar nos trámites para que a Xunta de Galicia mellore a seguridade viaria na estrada autonómica AC-432, que une os núcleos de Ponte do Porto (Camariñas) e Lexas (Vimianzo).

Camariñas e Vimianzo contan cun proxecto valorado en 181.270€ para a execución dunha senda peonil que une ambos os núcleos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha