Piden axuda para tratar de localizar a unha moza desaparecida en Carballo

1 minutes read

Diferentes canles das redes sociais, Garda Civil, Protección Civil e amizades buscan a unha moza da que non se sabe nada desde este sábado en Carballo. Protección Civil difundiu que a moza se chama Galia, ten 25 anos, é morena, de complexión delgada, uns 43 quilos e mide 1,51 metros. Familiares e amizades piden colaboración para tratar de localizala e calquera persoa que teña algunha pista comuníquello á Garda Civil ou a Protección Civil. Tamén se fixeron públicos os números de teléfono aos que chamar en caso de ter algún dato que poida achegar información a este caso, e que figuran no seguinte cartaz. Este domingo incorporouse á procura unha unidade canina.