Piden maior apoio para recuperar aos menores ucraínos retidos en Rusia

1 minutes read
  • O goberno ucraíno cre que hai uns 19.500 nenos desprazados pola forza. Só uns 400 puideron regresar aos seus fogares.

O Parlamento Europeo e Ucraína piden un maior esforzo para conseguir liberar aos menores ucraínos que seguen retidos en Rusia e os territorios ocupados. Durante a sesión plenaria do Parlamento Europeo en Estrasburgo, Valeriia Halych, unha adolescente ucraína, falou coa prensa da súa estancia forzada de dous meses en Rusia.

Valeriia non foi secuestrada polas forzas rusas, senón enviada alí polo seu pai para poder continuar cos seus estudos. Pero ao pouco tempo quixo volver a casa. “Era terrible”, explica Valeriia. “Os profesores trataban con dureza aos ucraínos no colexio, o persoal do colexio illábanos en grupos para controlarnos e intimidábannos”, asegurou a moza.