O domingo 4 de xuño catro novillas dun afiliado do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) apareceron mortas a carón do perímetro do polígono industrial eólico de Sotavento, na provincia da Coruña, logo de que durante unha treboada se producira un forte trono nesa zona, confirmado polo rexistro de Meteogalicia nese punto. A Secretaria Xeral do SLG, Isabel Vilalba, encamiñou unha solicitude dirixida ás Consellarías de Industria e Medio Rural urxíndoas a desenvolver as accións precisas para aclarar a orixe e circunstancias nas que tivo lugar este suceso, que podería ter afectado a tres gandeiros que se atopaban traballando na contorna, ao tempo que instou á Xunta de Galicia a facer valer o principio de precaución activando a paralización cautelar de tódolos polígonos industriais eólicos actualmente en construción até que sexa aclarado este incidente.
29