A deputada do PSdeG no Congreso pola Coruña, Pilar Cancela, foi nomeada este martes polo Consello de Ministro como secretaria de Estado de Cooperación Internacional. Pilar Cancela é licenciada en Dereito e ten título superior de Prevención de Riscos Laborais. Exerceu como mediadora e foi directora Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia (2002-2003 e 2005-2009). É funcionaria do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia desde 1993. Substitúe no cargo a Ángeles Moreno Bau, que exercía desde o 4 de febreiro de 2020.