Pilar Llop inaugurou o I Encontro Aranzadi Mulleres por Dereito


A ministra de Xustiza, Pilar Llop, inaugurou o I Encontro Aranzadi Mulleres por Dereito, organizado por Thompson Reuters Aranzadi. Na súa intervención, Llop afirmou que «as persoas progresistas sabemos que sempre é un bo momento para falar de igualdade, sobre todo nunha situación como a que vivimos coa pandemia ou, a actual, derivada da crise provocada pola guerra en Ucraína». A ministra de Xustiza rexeita a idea de que a defensa da igualdade sexa unha «causa superada». Precisamente, afirmou, «en momentos como este, de incerteza, é necesario afianzar o compromiso coas políticas de igualdade: a defensa deste dereito non pode ser algo conxuntural, senón transversal a notas as nosas accións».
Llop sinalou que é necesario dotar de perspectiva de xénero ao ordenamento. «Para facerse efectivo o principio de igualdade como criterio de interpretación e decisión, debe axuizarse con perspectiva de xénero», asegurou. A titular de Xustiza lembrou que a propia Constitución española consagra a igualdade e determina a obrigación dos poderes públicos de protexer e eliminar as dificultades que impidan que a igualdade entre home e mulleres sexa real e efectiva.