Pintámonos de dourado polo cancro infantil

Fachada dorada_Concello de Vimianzo.

O cancro infantil é a primeira causa de mortalidade por enfermidade en nenos de entre 1 e 14 anos en España, con máis de 1.100 novos diagnósticos cada ano. O lazo dourado é o símbolo que representa aos pacientes de cancro máis novos de todo o mundo. A cor dourada honra a súa valentía na loita contra o cancro infantil e adolescente, representando a cor da Esperanza. Moitos edificios foron iluminados de dourado este luns para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro Infantil, foi o caso do Concello de Vimianzo.