Pistoletazo de saída ao «Rally Rías Altas de Vehículos Históricos»

Presentación oficial do "Rally Rías Altas" de coches históricos_Concello de A Coruña

  • O evento terá lugar os días 2 e 3 de outubro en varias zonas da provincia da Coruña, e contará coa participación de 85 automóbiles

A praza coruñesa de María Pita foi testigo este martes da presentación oficial da sexta edición do Rally Rías Altas de Vehículos Históricos, que terá lugar os días 2 e 3 de outubro na provincia da Coruña e contará coa participación de 85 automóbiles. Ao acto de presentación acudiron a concelleira de Deportes da Coruña, Mónica Martínez; o seu homólogo en Betanzos, Andrés Hermida; o presidente do comité organizador e representante da Escudería Coruña, Ernesto Rumbo Queijeiro; e o membro do comité organizador e presidente da Escudería Ferrol, Germán Castrillón Permuy.

«En tempo de cancelacións deportivas, resulta esperanzador poder dar o pistoletazo de saída a esta proba», destacou Martínez, quen ademais asegurou que desde a administración local traballan para dar apoio a proxectos similares, pois este tipo de probas deportivas de interese «supoñen un grande impacto na nosa economía».

A proba, que será puntuable para o tour europeo de rally histórico e para o Campionato de España de Rallys para Vehículos Históricos (CERVH), percorrerá os municipios de Betanzos, Irixoa, Vilarmaior, Monfero e Aranga.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha