Laxe inicia este xoves as Festas da Cruz da Rosa

1 minutes read
  • A celebración estenderase tamén durante o venres con pasarrúas e verbena.
Promo da festa.

Hoxe, 20 de xullo, Laxe dá benvida ás Festas da Cruz da Rosa. Unha celebración que se estenderá tamén durante a xornada do venres e que contará con varias actuacións musicais como a de Maruxía, que se encargará do pasarrúas durante este xoves, a partir 11:30 horas. Máis tarde, sobre as 14:15 horas, iniciarase unha sesión vermú a cargo do grupo O Tren da Unha, que tamén amenizará a noite acompañado da orquestra Foliada D’Ases.

A celebración continuará durante o venres cunha sesión vermú co grupo Galaxia (14:15 horas). Xa pola tarde, a partir das 18:30 horas, o público poderá desfrutar da actuación do DJ Ghuin Pan Funk na praza Ramón Juega. As festas finalizarán pola noite co espectáculo de Grupo Galaxia e Licor Café.

Desde o Concello deséxanlle a toda a veciñanza “que gocen de dous días de Festas da Cruz da Rosa con responsabilidade e a alegría propia destas dúas xornadas en todo o noso municipio”.