54
O tenor español Plácido Domingo anunciou este mércores a súa dimisión como director xeneral da Ópera de Los Ángeles (LA Opera) tras a polémica xerada polas acusacións de abuso sexual desveladas na súa contra. «Mentres continúo o meu traballo para limpar o meu nome, decidín que é no mellor interese de LA Opera é que dimita como seu director xeral e que deixe as miñas actuacións futuras», afirmou nun comunicado remitido a Efe polo seu representante.