Plan de ampliación e mellora do parque infantil da Porta Santa, en Paiosaco

Parque infantil de Caión.

O proxecto deseñado polo Concello da Laracha contempla a completa renovación do equipamento cunha ampliación do espazo que ocupa actualmente, o reforzamento da seguridade coa substitución do actual pavimento de lousas de caucho por outro continuo de absorción de choques e o cambio dos xogos existentes.

O orzamento supera os 46.000 euros, que serán investidos para mellorar o parque infantil da Porta Santa, situado xunto ao Centro Sociocultural de Paiosaco, como espazo para a convivencia, de apoio ás familias e favorecedor das relacións sociais e do lecer da infancia.

Na procura deses mesmos obxectivos recentemente foron renovados polo Concello os parques infantís da Insua en Caión e os das Prazas do Concello, O Recreo e Maximino Canedo da Laracha. Na zona rural tamén se puxeron a disposición dos cidadáns os de Soandres, no Priorato, e o de Erboedo, no Igrexario.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha