Plan de choque policial contra o botellón en Santiago


  • A Policía Autonómica colaborará coa Policía Nacional e a Policía Local de Santiago nun operativo para previr beber na rúa.

As forzas de seguridade extremarán a vixilancia a noite do xoves en Santiago de Compostela para evitar aglomeracións de persoas e incumprimentos nas normas de seguridade ante a covid-19 como os botellóns. A Policía Autonómica colaborará no operativo coa Policía Nacional e a Policía Local para vixiar a celebración de botellóns, que están prohibidos e que levan aparelladas sancións para os infractores entre 200 ou 300 euros por persoa.

A Policía Autonómica participará no dispositivo con axentes que forman parte dos equipos de resposta policial (ERPOL) e do grupos de menores.

Os axentes da Policía Autonómica veñen colaborando a través dun plan de actuacións específicas, na prevención, a inspección e o control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades para frear o avance da covid-19.

Durante os dispositivos ao abeiro deste plan destinado a vixiar aos que infrinxen a normativa relacionada co coronavirus, os axentes controlan, por exemplo, nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se cumpran as normas aprobadas ante a covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Estes dispositivos enmárcanse ademais no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.