Plan de medidas para reducir os riscos de inundacións nos concellos de Galicia-Costa

O Plan de xestión do risco de inundación de Galicia-Costa establece un programa de medidas que analizaron na xornada sobre prevención de enchentes organizada este martes en Santiago.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: «Non só falamos da protección das marxes dos ríos, senón tamén de solucións integrais como a ordenación do territorio, desde o punto de vista urbanístico e tamén de Protección Civil. Polo tanto, solucións integrais e transversais»

Neste encontro, tamén falaron do prognóstico de inundacións. Meteogalicia, Augas de Galicia e a Universidade da Coruña colaboran para elaborar un modelo de predición de caudais e niveis en zonas poboadas.

Jerónimo Puertas, catedrático de Enxeñería hidráulica: «E iso permitirá, cun ou dous días de marxe, ter unha idea de cales son as zonas que poden sufrir unha inundación»

Os expertos achegan solucións para as zonas potencialmente inundables.

A idea, din, é combater as inundacións dun xeito máis amigable, máis verde e que require máis planificación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha