- As inscricións para a ruta e as entradas para o evento son de balde
Esta fin de semana o Concello de Vimianzo acollerá unha nova ruta guiada polas súas paisaxes e un espectáculo dentro da programación cultural do Vimiansol.
Mañá sábado, 22 de agosto, a partir das 10:00 horas levarase a cabo a ruta guiada polas paisaxes de Calo e Castrobuxán. Un camiño a través da parroquia de Calo que percorrerá o seu patrimonio e descubrirá novas estampas naturais.
As prazas son limitadas e a inscrición é gratuíta. Recoméndase levar roupa e calzado cómodos. As mascotas poderán asistir tamén á ruta. Para máis información poderase enviar un correo a turismo@vimianzo.gal ou chamar ao 604 036 617.
Pola noite, ás 21:00 horas, a praza do Concello vibrará co espectáculo “Plato, platito, platete” de Javi Javichy, dentro da programación cultural do Vimiansol. As entradas son gratuítas e deberán reservarse na billeteira da Casa da Cultura. Máis información en cultura@vimianzo.gal.