Aproveitamos que esta fin de semana temos unha hora máis para apuntar na nosa axenda un plan de obrigado cumprimento.
Hoxe subimos ao Monte Pindo. Ao pé do pobo de O Pindo, un macizo duns 600 metros de altura cunha subida non moi doada e para a que ás veces é recomendable buscar a compañía dun guía local, ou incluso de asociacións que realizan rutas por este monte.
O Monte Pindo non conta con camiños asfaltados. Hai que ir a pé ou nalgúns tramos tamén é posible en bicicleta.
Lugares emblemáticos
O Monte Pindo tamén é chamado Olimpio Celta por obra de Manuel Murguía, que foi quen lle puxo este nome.
Son catro os lugares importantes relacionados coa tradición aínda que ao longo de todo o espazo atoparemos rochas con formas curiosas como caras humanas, unha delas, O Coloso do Pindo, moi semellante a un soldado xigante.
A primera parada podémola facer aos pés da Moa. Alí podemos visitar unha serie de muros sen data concreta e utilizados para construir torres de vixilancia para evitar a chegada dos normandos no século X. A Moa é o lugar onde segundo a tradición está soterrada a Raínha Lupa.
Outra das paradas é o Campo da Moa, onde non hai moitas décadas facíase un ritual de curación nese chan. O ritual consistía en deitar á persoa enferma e cavar un círculo arredor. Cando a terra secaba dicíase que o enfermo estaba curado.
A terceira das visitas é a base do Monte Penafiel, outro dos cumios. Alí hai unha inscrición en latín. Segundo conta unha lenda, a igrexa católica considera o lugar como pagano e excomulgado da súa bendición.
E por último imos á Cova da Xoana, un lugar onde primaban os ritos para expulsar ao demo. Segundo a tradición aquí mantiñan as súas xuntanzas as meigas na noite de San Xoan.
En resumo, estas son as catro paradas emblemáticas do Olimpo Celta, o Monte Pindo.