O Plan de Obras e Servizos 2023 de Santa Comba aprobouse nun pleno extraordinario por unanimidade.
Deuse conta da renuncia da primeira tenente de alcalde e número 2, nas dúas últimas candidaturas do Partido Popular de Santa Comba, Esther Espasandín Turnes, que presentou a súa renuncia como edila de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Escola Infantil e tamén deixando a xunta de goberno local, nun escrito presentado o 2 de febreiro no rexistro municipal.
Polo que respecta ao POS 2023, o orzamento ascende a 648.000 euros. Inclúese a reurbanización dun tramo da Avenida de Santiago (383.000 euros), a rede de abastecemento de auga de San Cristóbal á AC-400 e aos núcleos de Tapia, Outeiro e Catro Ventos(133.000 euros), e a pavimentación entre A Cruz de Santos e A Hermida (129.000 euros dos cales o concello achega 57.000 euros). Para gasto corrente destínanse 50.000 euros.
Repartición de fondos da Deputación
Rexeitáronse as alegacións presentadas e aprobouse definitivamente o orzamento. E deuse luz verde a un recoñecemento extraxudicial de crédito duns 154.000 euros.