Pleno ordinario este xoves na Laracha

  • Foron en todos os casos cuestións de administración ordinaria.
  • O alcalde anunciou que se sacarán a licitación os proxectos de mellora da eficiencia enerxética tan pronto se completen os trámites da transferencia de créditos.
  • Aprobouse unha bonificación do 95% no ICIO ao proxecto de renovación do valado do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.

Jesusa Castiñeiras, de Paiosaco, celebrou o seu 103 aniversario.

Jesusa reside xunto á súa filla Lita, o seu xenro Pepe Regueira e dous netos, Héctor e Mónica. As súas outras dúas fillas son Otilia e Dolores, que están casadas con Jaime e Enrique.

Na festa de aniversario tamén estiveron Montserrat (neta) e Nicolás (bisneto), que acudiron desde Suíza, onde residen, e tamén Natividad (neta), que vive en Granada.

O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Rocío López e Ramiro Bello felicitaron en persoa a Jesusa, tal e como é habitual, obsequiárona cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha