O mes de xuño arrincou con forza adicación e entrega no seu primeiro fin de semana na capital de Bergantiños, no ámbito cultural e deportivo. Este domingo dende primeira hora o centro urbán estivo cheo de deportistas de todas as idades, coa celebración da 10K. Xa pola tarde, a música e o baile tradicional invadiron a Praza do Concello coa celebración do Día da Muiñeira que como cada ano, e xa van corenta, organiza a asociación Nemeth. Este 2023 superáronse as expectativas de participación e déronse cita case catrocentas persoas, entre bailadores, músicos e mestres. A Banda Municipal de Gaitas de Carballo foi a encargada de poñer o ritmo de comezo tras o pregón, coa interpretación da Muiñeira de Lugo. O grupo de pandereteiras Do Rivés e a banda folk De Ninghures, presentando o seu disco Aquí, actuaron ao acabar as exhibicións de baile. Unha multitude de xente procedente dos concellos da Laracha, Arteixo, Oleiros, Betanzos, Cee, Zas, Muxía e Malpica, e por suposto de Carballo, aproveitou o bo tempo para desfrutar da música e do baile tradicional.
38