PNV, ERC e o PRC non bloquearán unha investidura de Sánchez

1 minutes read

O PNV anunciaba este mércores que non ían ser un obstáculo nunha nova investidura de Sánchez, «O PNV non vai ser un obstáculo para se produza a investidura. Pedímoslles unha responsabilidade especial a Partido Socialista e Podemos porque son os actores especiais», di Andoni Ortúzar do PNV.

Tamén mantén o apoio a Sánchez, o Partido Rexionalista Cántabro. Así o ratificaba Revilla tras xantar con el, aínda que cre inevitable a repetición das eleccións. «A impresión que teño é que imos a unhas eleccións», cre Miguel Ángel Revilla do Partido Rexionalista Cántabro.

Tras a reunión entre o Partido Socialista e Esquerra Republicana de Cataluña, Gabriel Rufián anunciaba que o seu grupo non vai bloquear a investidura, e iso que no programa de Sánchez inclúese o rexeitamento expreso a un referendo en Cataluña. «O que dicimos do parágrafo é que é nefasto que poderían aforralo», asegura Gabriel Rufián de ERC.

Rufián aproveitou para criticar os argumentos de Podemos e Pablo Iglesias. «É que me están humillando. Pois que vaian a Lledoners e llo digan a Oriol Junqueras», sentencia Gabriel Rufián de ERC. Co apoio dos nacionalistas e da formación de Revilla recabado, os socialistas elevan a presión sobre Unidas Podemos.