Podemos Laxe adquire o firme compromiso de eliminar as barreiras arquitectónicas na vila

1 minutes read

Unidas Podemos Laxe adquire o firme compromiso de eliminar as barreiras arquitectónicas que  impiden un tránsito normal polas rúas do concello ás persoas con mobilidade reducida.

O 19 de setembro de 2019 as asociacións Aloumiños e Integro organizaron un percorrido polo concello de Laxe coa actividade “Ponte no meu sitio” convocando a todas as asociacións locais e partidos políticos representados no consistorio, ao PP como grupo de goberno e ao PSOE e BNG como representante da oposición. Coa asistencia destes, levouse a cabo o devandito percorrido en cadeiras de rodas.

Segundo Podemos Laxe, «A falta de resposta por parte do concello a estas propostas das devanditas asociacións para poñer algún tipo de solución a esta problemática demostra a total falta de interese e inacción política».

Desde Unidas Podemos  no momento que tivemos notificación destes feitos denunciamos esta situación ante a Consellería  de Política Social e Mocidade, a través da Dirección Xeral de Persoas con discapacidade e da Comisión Técnica de Accesibilidade por incumprimento da lei 51/2003 do 2 de decembro de “igualdade de oportunidades e non discriminación” e “accesibilidade universal das persoas con discapacidade”

Desde unidas podemos «denunciamos  a total falta de sensibilidade política do PP, PSOE e BNG ante unha problemática que afecta a un número importante de veciños e veciñas de Laxe, así mesmo reiteramos o noso compromiso de dar unha solución definitiva tras as eleccións do vindeiro 28 de maio cun  novo Goberno. Goberno de progreso que atenda as demandas da veciñanza e intente paliar as discriminación dos colectivos máis vulnerables», conclúen.