Unidas Podemos Laxe consegue abrir expediente a Patrimonio da Xunta tras emitir o pasado 16 de marzo un informe ao Ministerio de Cultura polo estado de abandono do xacemento arqueolóxico do Aprazadoiro despois de observar o estado no que se atopan os Petroglifos da Pedra Xestosa e de todo o xacemento arqueolóxico do Aprazadoiro incluído no Catálogo de Patrimonio do Concello, e polo tanto con Protección Universal.
Unidas Podemos realiza unha recompilación de documentos emitindo informe ao Ministerio de Cultura a través do Instituto Estatal de Patrimonio. Entre os documentos que se achegaron están: o Catálogo de Patrimonio do Concello de Laxe de 2019 (onde está rexistrado o xacemento e polo tanto está na Xunta), un informe sobre a Estación Zoomórfica realizado por arqueólogos colexiados para o veciño Concello de Cabana e no que se menciona o depósito e consta que pode ter unha maior extensión, a memoria técnica do Proxecto Eólico Monte Chan realizado pola bióloga colexiada Doña Verónica Crecente situada no entorno deste depósito, a resposta do Enxeñeiro Colexiado Sr. Jorge Soneira Muíño onde advirte da proximidade do depósito ao parque eólico, e a carta da asociación ecoloxista Contraminate á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Xunta relativa ao parque eólico, ademáis de alertar do desenvolvemento do Parque Megalítico da Costa da Morte que pertence á Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico da Deputación e cuxo presidente é o alcalde do PP de Laxe D. José Luis Pérez Añon dende o pasado 5 de xuño, 2022.
Este tamén ten tres peticións á Fiscalía do Estado, por parte de tres asociacións, para investigar unha posible corrupción pola influencia das axudas educativas en forma de bolsas que concede EDP (empresa promotora do parque eólico) e que poden condicionar os veciños a non opoñerse á non construción do devandito parque. Este informe tamén está rexistrado en Patrimonio de Europa.