Unidas Podemos Laxe a través de Antón Gómez – Reino, deputado do grupo Galicia en Común e a petición do candidato á alcaldía de Laxe Fernando d.M. Regaldie, preguntou no Congreso dos Deputados sobre a previsión da instalación dun Centro de Arqueoloxía Subacuática no municipio de Laxe.
Gómez – Reino resalta que en España existen tres centros de Arqueoloxía Subacuática situados en Cataluña, Comunidade Valenciana e Andalucía, pero en Galicia carécese dunha entidade deste tipo. As preguntas formuladas para a súa resposta por escrito son: Se existe previsión en Galicia para a instalación dun Centro de Arqueoloxía Subacuática, se foi valorada a posibilidade de instalar un centro desta tipoloxía no municipio de Laxe, corazón da Costa da Morte, na cal dáse a maior concentración de naufraxios da zona noroeste e cales serían os requisitos para levar a cabo o efectivo desenvolvemento deste proxecto.
Esto débese a que desde fai séculos a Costa da Morte e en concreto a ría do Anllons foron un dos puntos claves para o tráfico marítimo da zona pertencendo a unha ruta coñecida como a Autovía Atlántica. Ademáis debido ás características morfolóxicas da Costa da Morte, foi un dos puntos quentes para os naufraxios, desde o máis coñecido na zona “afundimento do Adelaida” hasta afundimentos de barcos cargados de ouro provenientes de América ata as Illas Británicas.
Indicar que o Doutor en Arqueoloxía Submarina Miguel San Claudio, estudoso e defensor do Patrimonio Subacuático, fixo estudos sobre os “tesouros da historia afundidos fronte á costa galega”. Facendo fincapé en que estes naufraxios ademáis constitúen un “Atapuerca” dos Galeóns españois do século XXI. Ademáis recentemente o Ministerio de Cultura e Deporte abriu un novo espazo no Instituto do Patrimonio Estatal que se ocupa do patrimonio arqueolóxico subacuático e que levaría a cabo labores coordinadas con este centro de arqueoloxía subacuática.
Dende Unidas Podemos Laxe, conclúen que por todo iso pídese no Congreso a creación dun Centro de Arqueoloxía Subacuática en Laxe que está en pleno corazón da Costa da Morte.