O candidato de Podemos Laxe, Fernando Del Moral Regaldie, pide explicacións a raíz das obras da rúa do Sol. Para poñernos en antecedentes, denuncian que fronte ó número sete de dita rúa, apareceu unha beirarrúa orixinal de granito que forma parte do conxunto patrimonial da época que posteriormente foi tapada novamente.
No proxecto especifica que “cuando aparezca algún elemento de la infraestructura de servicios, cuya existencia no hubiera sido registrada previamente, se suspenderán los trabajos de excavación que pudieran afectar a la estabilidad o integridad de tal elemento, hasta obtener la oportuna identificación del mismo por parte de los Servicios Encargados del Organismo o Compañía de que dependa, y fijar la actuación a seguir”.
“Entendemos que dita beirarrúa foi novamente tapada con cemento. Pero a sorpresa levámola cando observamos pezas de pedra almacenadas no peirao pequeno onde está todo o material de obra. Queremos que sexa esclarecida a procedencia de ditas pedras, para telas en conta por Patrimonio para repoñelas na súa localización orixinal. De esa maneira, corrixida a problemática do material a empregar, e recuperando a existente, a posta en valor da zona será aínda maior”, conclúe Del Moral.