Podemos Laxe pide ‘máis criterio estético’ á hora de facer obras no casco histórico da vila


O Círculo de Podemos Laxe, representado polo seu voceiro, Fernando Del Moral Regaldie, emitiu un comunicado con motivo das novas obras de canalización que se están a efectuar no casco histórico da vila.

“Queremos poñer o acento na falta de criterio estético no material empregado, xa que o lousado que se está a instalar choca de maneira lamentable cos materiais tradicionais de construcción da nosa arquitectura tradicional, máxime no entorno de lugares tan simbólicos para o noso concello, como é a Casa do Arco, edificio catalogado por Patrimonio como Vivenda Singular”.

Anuncian que o Círculo de Podemos Laxe redactará un escrito ás autoridades responsables de Patrimonio para informar dos feitos. E esperan que a partires do 28 de maio, Laxe teña un goberno que se preocupe por poñer en valor o seu patrimonio artístico como merece.