O Punto de Atención á Infancia (PAI) é un dos piares para a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas, este servizo nace da necesidade do coidado e a aprendizaxe que necesitan os máis pequenos da casa non só cando ambos os pais traballan senón que tamén lles axuda a desenvolver as necesidades de atención, estimulo e socialización que necesitan os nenos nos seus primeiros anos de vida.
O Círculo de Podemos Laxe rexistrou tres escritos, un de eles dirixido ao Concello, e os outros dous á conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García Martínez, e ó director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey Sastre.
Neles emprazan ás institucións a informar sobre o Punto de Atención á Infancia, que segundo a información obtida na oficina técnica do Concello polo círculo de Podemos Laxe ditas obras levan rematadas dende o ano 2021.
“Esperamos que a partires do 28 de maio, Laxe teña un goberno que se preocupe por axilizar o uso das infraestruturas necesarias para o benestar da nosa xente, así como informar da súa posta en funcionamento”, conclúen.