Podemos Laxe pide que se retome o proxecto do parque empresarial

1 minutes read

O candidato da formación morada para as eleccións municipais de maio, Fernando Del Moral Regaldie, vén de reunirse coa xerente do Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo para coñecer de primeira man os intentos de creación de este proxecto e a situación actual do mesmo.

O proxecto, que existiu en anteriores lexislaturas e “non se levou a cabo por falta de vontade política”, se pode retomar. Só fai falta un compromiso político real e non só electoralista a partires do 28 de maio. A maiores, trataríase dunha infraestrutura que se realizaría cumprindo todos os requisitos medioambientais que esixen hoxe en día as normativas da Unión Europea respecto á transición ecolóxica: fomento do autoabastecemento de enerxía e a reciclaxe das augas como exemplo. Ademais conta con subvencións de fondos da Unión Europea.

En palabras de Fernando Del Moral Regaldie, “Laxe non pode quedar atrás respecto a outros concellos da bisbarra, sempre e cando estes proxectos sexan respectuosos co medio ambiente”.

“É por isto que a nosa candidatura aposta claramente por tomar este tipo de medidas a medio prazo por mor do futuro laboral da xuventude laxense”, conclúe o candidato.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?