Podemos Laxe pide que se teña en conta o arranxo das paradas de bus da vila

1 minutes read

Tras as recentes novas reflectidas sobre o destino dunha partida orzamentaria de un millón oitocentos mil euros para mellora de paradas de bus en toda Galicia, o círculo de Podemos Laxe informa de que rexistraron un escrito destinado ao delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor López, mostrando a súa preocupación dado que segundo afirman «no Concello de Laxe non caerá nin un peso”.

Manifestamos que “descoñecemos se a marxinación á que nos vemos sometidos é consecuencia da inacción do equipo de goberno municipal ou de aqueles que dirixen a administración autonómica”, pero é fundamental que sexa resolta, xa que abre unha brecha de desigualdade entre concellos.

A maiores, recalcamos o “mal estado no que están as que se encontran aquí”, que xa non son moitas, e polo tanto “esiximos a rectificación das medidas tomadas, e que se inclúan neste investimento as paradas de bus sitas en Laxe”.

«Estamos seguros de que, a partires do 28 de maio de 2023, cun goberno progresista en Laxe, deixarémonos a pel para que as diferentes administracións atendan as necesidades do noso Concello», conclúe dende a formación local de Podemos o seu voceiro, Fernando Del Moral Regaldie.