Podemos Laxe pide que se tomen medidas a nivel local para rematar cos recortes na Sanidade Pública

Dende o Círculo de Podemos Laxe emitiron un comunicado no que manifestan a súa sorpresa «ante os recortes que o SERGAS está realizando na Sanidade Pública, e o último chama especialmente a atención, máxime cando se trata da proba de detección precoz do cancro de mama, aconsellada pola mesma Sanidade Pública de Galicia».

Estamos a falar da prevención dun tipo de cancro que segundo datos de especialistas, foran diagnosticados 34.088 casos en 2020 en España. En anteriores campañas, as usuarias deste servizo dispoñían de transporte incluído, especialmente necesario en lugares de poboación dispersa e afastada dos centros hospitalarios.

Agora, independentemente das circunstancias persoais e económicas de cada cidadá, estas persoas teñen que buscarse a vida para poder acudir á revisión médica de esta importancia. «Lamentamos que teñan que recorrer aos seus vehículos privados para suplir un servizo público que pagamos cos nosos impostos. Hai que sumar isto ó descontento xeral que xa vén de lonxe á hora das vacinacións, problema que viñemos sufrindo dende hai tempo».

Por mor de estas circunstancias, «esiximos aos responsables desta medida a inmediata reposición deste servizo no prazo máis curto posible. Asemade, instamos aos responsables municipais a que esixan con urxencia a solución a este problema ou dispoña dunha alternativa ao mesmo», conclúen.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha