Podemos Laxe recolleu as demandas da veciñanza en Traba

1 minutes read

O candidato á alcaldía de Laxe por Podemos, Fernando Del Moral Regaldie, mantivo na tarde deste sábado unha xuntanza con veciños e simpatizantes na parroquia de Traba.

O acto, celebrado a modo de coloquio, serviu para recoller demandas de cara ás eleccións do 28-M.

Entre os temas tratados figuran as melloras do alcantarillado, das condicións de vida no rural para aumentar as oportunidades de futuro para a poboación, ou demandas tamén nos eidos educativo e sanitario.

Un dos asuntos que máis debate xerou é o tecido asociativo do Concello, ausente nos últimos anos de goberno do Partido Popular, ao seu xuízo.

Os asistentes marcáronse como obxectivo seguir traballando a prol do pobo independentemente dos resultados electorais.