Poden solicitarse de novo permisos para queimas

Limpeza dun monte

A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde o luns, día 8 de abril, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, xa que as actuais condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o día 10 será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización, xa que o proceso de tramitación é maior. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha