Poderase saír a pasear e facer deporte a partir do 2 de maio se non aumentan os contaxios

1 minutes read

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciou que se as saídas con nenos e nenas menores de 14 anos, autorizadas desde este domingo, non provocan un aumento de contaxios, a partir do 2 de maio os cidadáns poderán saír a facer deporte e dar paseos. Sánchez pediu este sábado ás familias que cando un adulto salla á rúa cos máis pequenos e dentro das condicións establecidas, actúen con responsabilidade e coa «máxima seguridade».

Neste contexto publicáronse as normas que permiten saír da casa, a partir deste domingo, a millóns de nenos de ata catorce anos que levan case un mes e medio confinados. Segundo se publicou no Boletín Oficial do Estado (BOE), acompañados dun adulto e ata dous nenos máis poderán dar “un paseo diario, dunha hora de duración como máximo e non poderán afastarse máis dun quilómetro» do seu domicilio.

Cumprir tales requisitos «a machada» é » importantísimo» para que non se contaxie quen saia, e así, non contaxien aos demais. Ademais deixou claro que se esta «prudencia» queda corroborada, algo do que non ten dúbida segundo dixo Sánchez, haberá sucesivas medidas de alivio, e unha delas será que a partir do 2 de maio, se a propagación segue contida, poderase saír a facer actividades físicas e a dar paseos.