A ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, avanzou que se está estudando a posta en marcha dun permiso retribuído ou baixa para aqueles pais cuxos fillos teñan que gardar corentena pola covid-19: «Son fórmulas que habemos de articular». Celaá lembrou que ao principio da pandemia xa se usou a fórmula do permiso retribuído porque, en caso de ter que gardar corentena, «se hai un menor debe estar acompañado dunha persona adulta». A ministra tamén indicou que se pedirá «unha declaración responsable aos pais» para que os seus fillos vaian a colexio sen febre. Tamén indicou que se tomará a temperatura aos alumnos antes de empezar as clases, un feito que se «poderá facer á entrada, pódese pedir aos pais ou pode medirse nas aulas». «Traballamos nun modelo combinado», sinalou, á vez que afirmou que tamén haberá xeles nas aulas para que alumnos e mestres poidan lavar as mans.
36