Pódium de honra para o Kick Boxing Ponteceso

O sábado día 6 de abril celebrouse en Ourense o Campionato Galego de Kick Boxing no que participaron Martín García García e Nerea Amado Baneira, ambos da escola Kick Boxing Ponteceso. Presentáronse á modalidade Tatami Sport conseguindo Martín o primeiro posto e Nerea o terceiro, unha moi boa clasificación que anima aos mozos deportistas locais a seguir adestrando e competindo nunha modalidade cada vez máis de moda.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha