Poetas de cinco países escriben sobre o Camiño de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asiste á lectura poética do Ámeto Mítico, proxecto impulsado pola Fundación Uxío Novoneyra e incluído no programa O teu Xacobeo.

Denomínase Ameto Mítico e trátase dun proxecto no que cinco poetas procedentes de Cuba, Arxentina, Brasil, Colombia e Galicia recitan en centros educativos as composicións literarias que escribiron, a principios deste mes, mentres percorrían o Camiño Francés. O representante da Consellería de Cultura e Turismo expresou a súa satisfacción “por colaborar coa Fundación Uxío Novoneyra nun proxecto que se orienta a recuperar o valor do Camiño de Santiago como espazo para un intercambio cultural que pon a poesía galega en conexión coa doutras partes do mundo, tal e como sucedeu no medievo”. O proxecto Ameto Mítico pretende actualizar a temática xacobea e achegala, a través dos propios autores, a diferentes centros educativos. É a primeira vez que se fai unha residencia literaria itinerante destas características e hoxe celebrouse no centro compostelán o seu último encontro cos estudantes despois de que os poetas pasasen polo centros CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel, CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro e IES Lucus Augusti de Lugo. Os poetas que forman parte de Ameto Mítico son Tálata Rodríguez, nacida en Colombia aínda que reside en Arxentina; Luiza Fernandes, de Brasil; Demián Rabilero, de Cuba; Fátima N. Delgado, de Galicia, e Diego Horschovski, de Arxentina. O proxecto previu recoller nun libro todas as composicións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha