Prohibidas as cachelas de San Xoán en praias e espazos públicos

San Xoán Carballo 2021

  • A hora límite para rematar a celebración é ás 03:30 horas da madrugada

Este luns foron varios os concellos da Costa da Morte que anunciaron un bando relativo á celebración das cachelas de San Xoán no que se establecen as condicións de dito evento, entre eles, Carballo.

Tal e como afirmou o alcalde Evencio Ferrero, «con motivo da crise provocada pola COVID-19, o concello soamente autorizará a celebración de Cachelas en propiedade privada, quedando totalmente prohibida a realización das mesmas en espazos públicos e praias».

Quen desexe pedir permiso para facer unha lumarada, deberá presentar unha solicitud sinlando quen será o responsable da mesma.

As cachelas terán que distar un mínimo de 12 metros ás edificacións e árbores, cun diámetro máximo de zona de combustión de 4 metros de ancho e de 2 de alto. A hora límite para rematar a celebración é ás 03:30 horas da madrugada, de acordo co establecido para a celebración de festas e romarías populares.

Tamén quedan prohibidas as tradicionais fogueiras parroquiais, comunitarias ou veciñais en espazos públicos ou en terreos privados ou comunitarios, susceptibles de seren utilizados por unha colectividade indeterminada de persoas usuarias, xa que non se pode asegurar unha distancia social.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha