Polémica entre o Laracha C.F. e o Concello pola xestión do campo de fútbol municipal

Concello de A Laracha_GOOGLE MAPS

  • O equipo larachés criticou a mala xestión do campo ao coincidir co Club do Mar de Caión

O Concello da Laracha emitiu este luns un comunicado como resposta ás críticas recibidas polo Laracha Club de Fútbol sobre a «mala xestión» do campo municipal.

Desde o goberno local sinalan que o campo de fútbol larachés é de titularidade municipal, polo que está a disposición de todos os clubs de fútbol e peñas de xeito totalmente gratuíto e seguindo uns horario determinados. Os clubes federados poden desenvolver os seus adestramentos de luns a venres de 16:00 a 23:00 horas: no caso de que exista unha única solicitude a unha hora determinada, autorízase o uso completo do campo; de darse dúas solicitudes na mesma franxa horaria, autorízanse ambas limitando ao uso de medio campo para cada club. «Así se procede desde hai anos, sen que nunca existisen inconvenientes entre directivas, corpos técnicos ou xogadores, nin no campo municipal da Laracha nin tampouco no campo municipal A Porta Santa de Paiosaco, onde durante varias temporadas adestrou o Club do Mar de Caión compartindo instalacións coa U.D. Paiosaco», sinalan desde o Concello.

Segundo explican fontes gobernamentais, das 35 horas semanais dispoñibles para os adestramentos o Laracha C.F. ten concedidas 19 e o Club do Mar de Caión 4,5 horas. «No caso de que o Laracha C.F. queira evitar que as súas categorías de base compartan campo co Club do Mar (circunstancia que se produce durante 15 minutos os martes e os venres), o Concello pon a disposición do club as outras 30,5 horas semanais existentes para reaxustar os seus horarios de adestramento», se ben no caso contrario, e seguindo o procedemento habitual, o Concello autorizará o «uso de medio campo a cada un dos clubs».

O grupo de goberno do Concello da Laracha considera «sorprendentes e inaceptables» as acusacións realizadas pola directiva do Laracha C.F., tanto por «pretender ter uso exclusivo ou prioridade na elección das horas de emprego dunha instalación de titularidade pública, como por dubidar do apoio do Concello ás escolas deportivas», sobre todo cando recentemente se aprobou a concesión das subvencións municipais ás entidades que, no caso do club larachés, ascendía a 20.000 euros.

Outra das críticas realizadas polo Laracha Club de Fútbol é o incumplimento dos protocolos Covid ao non deixar coincidir a outros equipos ou grupos. Como resposta, o Concello manifesta que se cumpren estritamente con todas as medidas de prevención establecidas no protocolo da Real Federación Galega de Fútbol adecuado ao protocolo FisicovidDXTGalego.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha