Polémica por un concerto de Raphael que reuniu a case 5.000 persoas en Madrid

1 minutes read

Un concerto de Raphael que congregou o sábado a case 5.000 persoas no madrileño WiZink Center foi obxecto de polémica a pesar de cumprir coas normas de seguridade contra o coronavirus, nunha semana na que varias comunidades, entre elas a de Madrid, acaban de aumentar as restricións para celebrar as festas do Nadal limitando aínda máis as reunións sociais (ata seis persoas e de dous núcleos familiares no caso da capital). Os organizadores do WiZink Center aseguraron nun comunicado que se cumpriron todas as medidas esixidas para a celebración do evento, e mesmo, se duplicou o espazo obrigatorio entre butacas. A presidenta rexional, Isabel Díaz Ayuso, tamén corroborou que o espectáculo se celebrou cumprindo «todas as medidas de seguridade», aínda que anunciou que, se sobe a incidencia do coronavirus, «suspenderanse todos os eventos das mesmas características».